Pero, por que é tan importante este ano Xacobeo? Os Anos Santos son os que o 25 de xullo, festividade do Apóstolo Santiago, coincide en domingo. Debido aos anos bisiestos, os anos santos son nesta orde: 6-5-6-11 anos. O ano 2010 foi o último Ano Santo, hai 11 anos. Entón se calculamos, o Ano Xacobeo só se dá 14 veces por cada 100 anos. Se a todo isto, lle sumamos as restricións de mobilidade derivadas pola pandemia, motivo polo que se estendeu tamén a este 2022, fai que o Xacobeo 2021-2022 sexa algo único.
O alumnado do Cañada está desexando poder participar neste acontecemento e, se as limitacións sanitarias o permiten, esperamos poder visitar non só Santiago de Compostela senón tamén outros lugares de interese de Galicia.