Rosalía, Castelao, Celso Emilio, Raúl G Pato, Sechu Sende e Lupe Gómez, no recital literario do Cañada













Hoxe, con motivo da celebración do Día do Libro, tivo lugar no IE Cañada Blanch un recital poético multilingüe no que o alumnado interpretou, recitando e cantando, e incriblemente ben, destacados poemas da literatura española, anglosaxoa, francesa, catalá e galega.

Andrea, Gina e Sahara, de 3º ESO, cantaron ‘Lela’, de Castelao, co acompañamento ao piano de Elisa; Lucía, de 4º ESO, recitou ‘Irmaus’ de Celso Emilio Ferreiro; resoaron entre o público versos de Lupe Gómez; Diego, Aitor, Arancha e Alfred, de 2º ESO, recitaron os micropoemas ‘Quérote como’ de Raúl Gómez Pato; Andrea C., Issy e Adrián, de 2º ESO representaron o conto ‘Uf’ de Sechu Sende, e, como non, Rosalía, nesta ocasión no bloque feminista ao recitar Andrea B, de 2º ESO, ‘Daquelas que cantan as pombas e as flores’.

Foi moito o talento amosado pola rapazada, guiada por unha xenial Martina, que exerceu de mestre de cerimonia. Parabéns a todos polas vosas interpretacións e polo voso dominio de tantas e tan fermosas linguas.

 

 

Deixa un comentario

*