Patadas e filosofía na Selección Galega de Taekwondo

Queda pouco para as vacacións de Semana Santa, e nas aulas de galego puidémonos despedir deste segundo trimestre cunha visita moi interesante, a dunha taekwondista que competiu coa Selección Galega de Taekwondo e que actualmente exerce de instrutora nun club de taekwondo en Londres.

María falounos desta arte coreana de defensa persoal, das modalidades de combate e técnica, de patadas e golpes de puño, dos diferentes graos e cintos… pero sobre todo falounos  dos valores principais do taekwondo: cortesía, integridade, perseverancia, autocontrol e espírito indomable. Con ela vimos a importancia da filosofía e do equilibrio corpo e mente nas artes marciais e, por extensión na nosa vida persoal.

KIAP!

 

Deixa un comentario

*