Vídeo-resumo das actividades do ano 2012-2013

Chegou o tempo de poñer o ramo por este curso. Dende setembro do 2010, que empezamos a tecer esta rede, levamos 300 entradas e máis de 70000 persoas do mundo Babel que nos visitaron. Hoxe presentamos unha mostra do que, con tanto esforzo coma ilusión, fomos quen de levar a cabo neste último curso académico. Daquela este vídeo quere ser de homenaxe e de agradecemento:
  • En primeiro lugar, ao alumnado do Cañada Blanch (6 – 18 anos) que de xeito decidido optou por construír futuro para a nosa lingua e cultura ao escollela como materia opcional no seu currículo.
  •  Tamén ás nais e pais destes rapaces e rapazas por animalos neste escolla e por ensinarlles a querer e a valorar o noso. Por serdes, como dicía Novoneyra, dos que gardaron a fala en que máis se dixo adeus
  • E, por suposto, a todos aqueles/as amigos/as da lingua e cultura galega en Londres que cada semana aceptaron o convite de visitarnos. A vosa xenerosidade foi simplemente un acto de amor emocionante.
  • Por último, aos distintos organismos educativos que posibilitan este proxecto, a quen nos segue pola rede e, con certeza, a quen sempre botou unha man e unhas palabras de alento.

5 comentarios en “Vídeo-resumo das actividades do ano 2012-2013

  1. Enhorabuena, Xaime, por tu vídeo y lo que ello representa de trabajo, ilusión y compromiso. Son muchas las actividades resumidas en siete minutos; nada comparado con el poso que, seguro, permanecerá en tus alumnos durante toda su vida.
    ¡Feliz verano!

Deixa un comentario

*