As Letras Galegas cos amigos do IES de Negreira

Por quinto ano consecutivo, os amigos do IES Xulián Magariños de Negreira visitan o IE Cañada Blanch durante a súa viaxe de estudos a Londres, acompañados polos seus profesores Clara Rodríguez e Amancio Liñares.

Nesta ocasión, coma o ano pasado, ao coincidir coa semana das Letras Galegas, celebramos un acto conxunto no que os rapaces presentaron a figura de Carlos Casares e protagonizaron un recital poético no que se leron versos de poetas galegos clásicos e modernos. Pero, sobre todo, o alumnado de galego e os rapaces de Negreira tiveron tempo para socializar, falar, xogar e mesmo xantar xuntos. Ao final, coma sempre, moita pena á hora de marchar.

Quédannos ademais varios agasallos para a biblioteca da escola.

Se queredes saber polo miúdo como se desenvolveu a xornada, lede estas crónicas no xornal España Exterior e en La Voz de Galicia.

España Exterior (24/05/2017): Alumnos del IES de Negreira celebran el Día das Letras Galegas en el colegio Cañada Blanch de Londres (aquí en pdf).

La Voz de Galicia (22/05/2017):  Londres rinde homenaje a Carlos Casares.

Deixa un comentario

*