A palabra cantada con Uxía e Sérgio Tannus




Este mércores tivemos dous convidados moi especiais no Cañada: a cantante galega Uxía e mais o músico brasileiro Sérgio Tannus pasaron pola biblioteca do noso centro para lles ofrecer aos nosos rapaces unha charla-concerto cun petisco do mellor da música e da poesía galega e da lusofonía: cantigas tradicionais, versións musicadas de poemas de escritores sobranceiros como Rosalía de Castro ou Uxío Novoneyra, pezas de composición propia e tamén do querido Fran Narf, moi lembrado nesta tarde…

Non é a primeira vez que Uxía vén por Portobello. De feito xa estivo aquí no 2005 precisamente con Fran Narf, así que este encontro converteuse nunha fabulosa ocasión para lembrármonos del, a quen sempre levaremos no corazón.

A resposta do alumnado foi incrible, á altura do espectáculo:

A prensa fíxose eco tamén do evento:

Foi unha tarde espectacular, un fabuloso preludio do concerto que unhas horas máis tarde Uxía e Sérgio deron tamén no festival de música do mundo TunedinLondon,  nos incribles Sands Films Studios.

 

 

Deixa un comentario

*