Microcontos con Xavier Frías Conde

Onte tivemos a oportunidade de aprendermos co conto miúdo, co microconto, da man de Xavier Frías Conde, un prolífico escritor na nosa lingua, mais tamén en moitas outras, como o portugués, o castelán, o inglés, o asturiano, o catalán, o italiano ou o sardo. En galego atreveuse cos distintos xéneros: poesía, narrativa e ensaio para adultos, literatura infantil e xuvenil… Como políglota que é, atreveuse tamén coa tradución.

Con el estivemos lendo microcontos, mais tamén facéndoos.

Xurdiron puntos de partida interesantes e algunhas microhistorias con toda a lóxica do mundo:

Eu dixen ola e ela dixo adeus – Serafín

Había un pitiño que respiraba polos pés; saltou nun charco e afogou - MATEO
Había un pitiño que respiraba polos pés; saltou nun charco e afogou – MATEO
Un home tiña moito medo. Había alguén que o perseguía. Entón decatouse de que estaba diante do espello.
Un home tiña moito medo. Había alguén que o perseguía. Entón decatouse de que estaba diante do espello.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Unha galiña cruzou a estrada buscando onde xantar... - ADAM
Unha galiña cruzou a estrada buscando onde xantar… – ADAM

 

 

 

 

 

 

 

 

 

"Para de facer barullo co boli", díxolle a profesora a Miguel. Mais o que ela non sabía era que o boli se movía soíño.
“Para de facer barullo co boli”, díxolle a profesora a Miguel. Mais o que ela non sabía era que o boli se movía soíño.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Non deixedes de visitar a páxina de Xavier Frías para quedar abrumados co seu traballo. Ademais estes días está de parabéns, pois vén de conseguir o premio Frei M. Sarmiento de 2016 na segunda categoria pola obra Las aventuras de Enrico Müller.

 

Deixa un comentario

*